Xornada de portas abertas nas igrexas románicas de Vigo
O departamento de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo abre o 31 de marzo, de 10:00 a 18:00 horas, tres igrexas románicas e ofrece un servicio gratuíto de guías especializados coa finalidade de dar a coñecer e valorar esta parte do patrimonio da cidade.
Santiago de Bembrive, San Salvador de Coruxo e Santa María de Castrelos representan un patrimonio monumental de extraordinario interese que aínda é descoñecido por boa parte dos vigueses. Tense constancia documental da existencia durante a Idade Media de 16 templos no que hoxe é o termo municipal de Vigo. Destes, só quedan tres mostras en pé, ademais dos restos da antiga edificación románica noutros dous e de vestixios conservados no Museo Arqueolóxico de Madrid, no Museo Diocesano de Tui e no Museo de Pontevedra.
Descargar todas as imaxes