Xornadas de convivencia con nenos e nenas discapacitados
A concellería de Benestar Sovcial organiza o venres, día 30, unha xornada de convivencia con nenos e nenas discapacitados no colexio Mestres Goldar. O obxectivo da actividade é favorecer a integración dos máis pequenos con discapacidade amosando a diversidade e a pluralidade como elementos enriquecedores da convivencia.
Os anfitrións, os alumnos e alumnas do colexio Mestres Goldar, amosaron moito interese polos temas relacionados coas persoas con discapacidade durante o Pleno Infantil que tivo lugar o pasado mes de novembro.
Durante a xornada de convivencia os rapaces terán ocasión de xogar cos discapacitados, de coñecer deportes que practican, de aprender a practicar deporte en cadeira de rodas, de aprender outras formas de comunicación.