Escoitar

O Concello recibíu máis 7.600 reclamacións e suxestións no ano 2008

O pleno da Corporación municipal celebrado hoxe tivo coñecemento do informe anual da Comisión especial de Suxestións e reclamacións sobre o funcionamento da Administración Municipal e do Informe do Valador do Cidadán correspondente ó ano 2008. A comisión recibíu un total de 7.601 reclamacións e o Valedor realizou 622 actuacións.

luns, 29 xuñ 2009
1246283049valedor.jpg
O concelleiro Angel Rivas, presentou hoxe no pleno o informa anual do 2008 da Comisión especial de Suxestións e Reclamacións. Das 7.601 entradas de rexistro, un 92% é decir 6.969 foron queixas; un 7%, 555 xuxestións, e un 1% parabéns,77.

A limpeza e a retirada de maleza na rúa, a colocación de colectores, a construcción de novas beirarrúas, a vixiancia policial e a limpeza e reparación de sumidoiros centran a maior parte das queixas dos cidadáns. Das queixas presentadas resolvéronse un 72%

En canto as suxestións, os veciños e veciñas contactan co Concello para trasladar pequenas melloras para a súa calidade de vida. Neste aspecto os cidadáns inciden especialmente na instalación e incremento de servizos e horarios nos Centros Cívicos municipais; a sinalización na mellora da seguridade vial e peonil; a mellora de ilumicación; o coidado dos parques infantís, a localización de espazos de reciclaxe e a conservación e mantemento de mobiliario urbano.

O concelleiro resaltou que a presentación do informe é "un exercicio de transparencia" e fixo un chamamento a todos os veciños e veciñas da nosa cidade para que "sigan a depositar a súa confianza na nosa xestión".

A comisión está presidida polo concelleiro do grupo socialista Angel Rivas e formada polo Valedor do Cidadá, Luis Espada; Iolanda Veloso, en representación do BNG, e Antonio Martiño, en representación do PP.

Pola súa banda, o Valedor do Cidadán , Luis Espada, presentou o Informde do ano 2008 no que se realizaron 622 actuacións. Por temas Urbanismo con 147 consultas foi a de maior número de actuacións seguida de Mobilidade e Seguridade con 118. Medio Ambiente con 78, Rervicios Xerais 68,Xestión Municipal 57, Participación Cidadá 21, Asuntos Sociais 15 e outros 75.

No 2008 o oficina do Valador elaborou os estudos de "xestión da contaminación acústica", "medidas de actuacións municipais para a redución das emisións dos gases de efecto invernadoiro en Vigo", e "percepción social do fenómeno do botellón".

O Valedor lembra no informe que o obxectivo final do mesmo non é fiscalizar senon colaborar coa administración local, independentemente de quen a rexa, pois o fin supremo das súas funcións reside na consecución dunha cidade máis integrada, para o cal debe dar a coñecer os defectos no funcionamento da institución co obxecto de que se subsanen.

Pleno Ordinario
A Corporación Municipal conta desde hoxe con dous novos concelleiros.Jose Manuel Couto Pérez e Ignacio López-Chaves Castro son desde hoxe os dous novos concelleiros da corporación pola candidatura presentada polo Partido Popular ás eleccións locais do 27.05.07

Interviu no pleno de hoxe Manuel Martín García, voceiro da Plaraforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, que reclamaou o inicio da construcción do novo hospital para non dilatar "os graves problemas sanitarios do área de Vigo" como son as listas de espera ou a descoordinación". Reclamaou que o novo hospital sexa tamén un centro universitario e de investigación, tendo en conta que un "hospital non só resolve os problemas sanitarios incorpora investigación e docencia. Na súa comparencia solicitou tamén que se reequilibren os servizos sanitarios e de referencia do sur de Galicia.

Aprobou o pleno unha modificación de crédito extraordinario para o servizo de Patrimonio Histórico por importe de 1.312.030,39 euros para a adquisión e rehabilitación dun inmoble.

A Corporación deu a súa conformidade para a constitución da Fundación "Vigo Convention Bureau" e modificación dos seus estatutos. O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, lembrou que a Fundación Vigo Convention Bureau é o instrumento que a cidade necesita "se queremos lanzarnos na carreira do que ten que ser unha cidade turística na aposta pola desestacionalización do turismo". Neste sentido, destacou que outras cidades con menos poboación que Vigo e menor portencial turístico xa contan con el.

Santi Domínguez indicou que, ademais, a creación deste ente é unha das condicións necesarias para poñer en marcha o Plan de Competitividade Turística. "Poñémonos en marcha para optar ás vantaxes da fundación, que ten como obxectivo a promoción de Vigo como cidade na que se celebren congresos, viaxes de incentivos e simposions", subliñou o nacionalista. Ao respecto destacou que Vigo ten capacidade de albergar estes eventos posto que conta cun recinto como o IFEVI "que cumpre calquera tipo de condicións das que obriga a Spain Convention Bureau".


A concelleira de Servizos Sociais, María Méndez, explicou a solicitude de subvencións do "Plan Concertado" do ano 2009 á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o cofinanciamento da prestación de servicios sociais polo Concello de Vigo. O importe da prestación dos servicios por parte do Concello ascende a un total de 5.589.333,40 euros, dos cales a achega municipal será de 11.872.426,69 euros, e o importe máximo da subvención que se solicite de 3.716.906,71 euros

O pleno tivo coñecemento da solicitude de subvencións destinadas ó cofinanciamento da prestación de servicios sociais polas corporacións locais, por un importe de 143.179,35 euros para o "servizo municipal de atención domiciliaria á infancia" a "rede municipal de vivendas de protección para mulleres vítimas de violencia de xénero" e "axudas económicas dirixidas a mulleres vítimas de violencia".
Descargar todas as imaxes