Escoitar
Mañá ábrese o prazo de matriculación

Os colexios públicos de Vigo presentan a máis completa oferta de servicios da súa historia

venres, 15 mar 2002
imx1204.jpg
Gandón cos directores de centros
Dende mañá, 16 de marzo, e ata o 16 de abril permanecerá aberto o prazo de matriculación nos colexios públicos de Vigo. A concelleira de Educación, Ana Gandón, e a Asemblea de Directores e Directoras dos colexios públicos vigueses presentaron a oferta destes centros, que no vindeiro curso brindarán novos servicios cos que se reponde ás necesidades das familias e á conveniencia de implantar novas tecnoloxías.

Ana Gandón convidou aos cidadáns a coñecer as características do ensino público na nosa cidade (democrático, participativo, pedagóxico, solidario, cos mellores equipamentos e gratuito). Os representantes dos centros fixeron fincapé ademais na mellora dos servicios que as escolas ofrecen ao alumnado. Un deles é o comedor escolar, que funcionará en todos os colexios trala campaña de implantación desenvolvida polo Concello en colaboración coas Anpas e coa dirección dos centros.

Os representantes educativos salientaron tamén o proceso de implantación de novas tecnoloxías. Todos os centros contarán con internet o vindeiro curso. Tamén dispoñen todos de aulas de música e audiovisuais e de ximnasio.

Na actualidade, en Vigo hai 44 colexios de ensino primario, 9 de educación infantil e 1 integrado.
Descargar todas as imaxes