Escoitar

O Plan Municipal de Emprego beneficiou a 2.000 persoas durante o pasado ano 2001

xoves, 14 mar 2002
imx1201.jpg
Delfín Fernández
Dous mil cidadáns vigueses beneficiáronse o pasado ano 2001 dalgún dos programas do Plan Municipal de Emprego (PME), segundo os datos da Memoria do mesmo presentada esta mañá polo concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez. Os recursos xestionados no marco do Plan foron de 3.726.275 €, dos que diferentes administracións aportaron un 40% e o Concello, un 60%.

Tamén neste balance de resultados do ano 2001, hai que destacar a cifra de insertados no mercado laboral que acadou un 25% dos beneficiarios dos diferentes programas de formación e emprego. No que se refire á presencia da muller, o porcentaxe da súa presencia no PME acada un 50%, sendo a súa participación maioritaria á hora de participar nas accións formativas e de acompañamento á inserción (obradoiros de busca de emprego, cursos de competencias para o emprego).

No Servicio de orientación laboral (SOL) durante o 2001 realizáronse mil duascentas sesenta e catro (1.264) entrevistas de orientación con desempregados/as que acudiron por primeira vez ó servicio, ademais de facer o seguimento telefónico e persoal mil cincocentas (1.500) persoas que permite ter actualizada a situación dos beneficiarios. Neste servicio o pasado ano comezaron a desenvolverse os chamados itinerarios de acompañamento á inserción, cos que se pretenden incrementar as posibilidades de atopar emprego, reforzando e complementando a busca.

En canto ó Programa municipal de integración laboral (PROMIL), durante o ano 2001, e ademais do equipo técnico formado por catro persoas, participaron como beneficiarios noventa e sete traballadores (97), que fixeron máis dun cento de obras de interese municipal.

Descargar todas as imaxes