Escoitar

Parques e Xardíns acondiciona as zonas verdes do contorno da praza de España

xoves, 14 mar 2002
imx1198.jpg
Xardín de Fernando Conde
A Concellería de Parques e Xardíns realizou unha actuación no xardín situado na rúa Fernando Conde enmarcada no plan de mellora da praza de España e o seu contorno, xa que é un lugar de referencia da cidade e a porta de entrada de visitantes que chegan por estrada.

O concelleiro Henrique Vieitez anunciou que esta obra de recuperación de zonas verdes do contorno da praza de España esténdese estes días á Gran Vía, que xa fora acondicionada e resementada hai dous anos pero que precisaba refortalecer o céspede debido ás agresións diarias dos cans.

A actuación de Fernando Conde consistiu na creación de macizos de plantas viváceas de flor e arbustos nunha superficie de 35 m2 e no aporte e colocación de céspede en tepes nunha superficie de 70 m2. Para isto, foi necesaria a preparación do terreo, mediante a eliminación da vexetación existente, o nivelado da superficie e o aporte previo de terras e abonos.

Esta zona estaba moi degradada debido a que os propietarios dos cans os levan a pasear por estes xardíns ornamentais e isto provoca o deterioro do material vexetal coa conseguinte perda de calidade estética. Preténdese, mediante esta actuación, que os cidadáns tomen conciencia da necesidade de respectar os xardíns ornamentais.


Descargar todas as imaxes