O Entroido recupera este ano as raíces e sinais de identidade da tradición viguesa do século XIX
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesús López, presentaron hoxe a programación do Entroido, que este ano trata de recuperar as súas orixes e os sinais de identidades propias da cidade. A actividade iniciarase o venres, día 20, co lectura do pregón a cargo de Antón Bouzas e a entronización do Rei e a Raiña do Entroido e rematará o mércores, día 25, co sepelio do Deus Momo, todos eles personaxes rescatados da tradición viguesa.<br />
Santi Domínguez explicou que en todas os lugares nos que estas festas teñen un carácter relevante é porque son singulares, por iso se fixo un labor de investigación para recuperar o xeito de celebrar o Entroido en Vigo noutras épocas. O nacionalista salientou que o obxectivo era "recuperar as nosas raíces" para que a cidade poida ter "por fin un Entroido propio e cun sinal de identidade. Para iso recuperamos elementos singualares e tradicionais da nosa historia".
O concelleiro de Cultura salientou que nas últimas épocas esta celebración non se diferenciaba do que se facía noutros lugares. "Recurríase a elementos moi globalizados e estandarizados, cando Vigo tivo no século XIX un Entroido propio e singular". Xesus López sinalou que a programación fíxose tratando de darlle corpo a esta festividade para que sexa algo máis que unha serie de desfiles ao longo dos días.
Un dos elementos que se ten recuperado é a Comitiva Rexia, unha comparsa que contará con 40 personaxes, que acompañará os actos que se celebren cada día. Tamén se recupera a figura do Deus Momo e do Merdeiro, ademais de incluir de novo aos xigantes e cabezudos e incorporar os primeiros xogos populares do Entroido. O concelleiro explicou que se manterán tamén os habituais desfiles de comparsas e carrozas, concursos de difraces, así como a Festa Faraleira que se xa iniciou o ano pasado.