Escoitar

A ETEA abrirá aos cidadáns o próximo 11 de febreiro

Abel Caballero ratificou hoxe luns que o vindeiro 11 de febreiro se asinará o convenio entre a Xunta de Galicia, a Zona Franca e o Concello de Vigo que permitirá a "apertura definitiva" da ETEA aos cidadáns, tras 93 anos pechada. O alcalde agarda que poucos días despois desa data estean habilitadas tamén as instalacións deportivas.

luns, 19 xan 2009
1232373279atea.jpg
Imaxe aérea da zona da ETEA
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ratificou este luns a data adiantada polo Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, para a sinatura do convenio que permitirá ao Concello recibir a cesión dos terreos da ETEA. Será entón o 11 de febreiro cando se rubrique o texto e se se produza a "apertura definitiva" da ETEA aos cidadáns, tras 93 anos pechada, segundo indicou o rexedor.

O alcalde explicou que nesa data Zona Franca, Xunta de Galicia e o Concello de Vigo iniciarán o proceso para a constitución en Vigo do centro de investigacións mariñas máis importante de Europa, ademais da apertura dos espazos da ETEA e da posta a disposición das instalacións deportivas da mesma.

A este respecto, Abel Caballero estimou que "en poucos días" desde o 11 de febreiro estarán habilitados para o seu uso o pavillón deportivo e o campo de fútbol; a zona da piscina, pola contra, podería requirir de máis reformas. O alcalde adiantou que unha empresa se encargará do análise en profundidade do estado da piscina.
Descargar todas as imaxes