Escoitar
Patrimonio e Contratación

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes para optar ás prazas de residentes nos aparcadoiros públicos

En data 15 de xaneiro de 2009 se publicaron no Boletín Oficial da Provincia as bases para a presentación de solicitudes para optar a prazas de residentes nos aparcadoiros das rúas Areal, Policarpo Sanz, Pintor Colmeiro, Rosalía de Castro, Jenaro de la Fuente e avenida Castelao.<br />

luns, 19 xan 2009
As bases poderán consultarse na páxina web do concello www.vigo.org e na oficina de información do Concello.

A documentación necesaria para presentar as solicitudes poderá recollerse na oficina de información do Concello ou ben imprimirse dende a páxina web.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou ben por algunha das outras formas estabelecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 16 de marzo de 2009.