A escritora Fina Casalderrey ofrecerá a lección inaugural do curso escolar

O acto oficial de inauguración do curso escolar será presidido polo alcalde, Lois Castrillo, e será presentado por alumnos de primaria, secundaria e bacharelato do CEIP Teis-Frián e do IES Alexandre Bóveda. O alcalde estará acompañado polo delegado de Educación, José Antonio Fraga Boullosa, e pola concelleira de Educación, Ana Gandón, entre outros. O evento será o xoves, 4 de outubro, no auditorio municipal.
O acto comezará cunha obertura musical a cargo da asociación cultural folclórica ”O Fiadeiro” e a escritora Fina Casalderrey ofrecerá a lección inaugural que leva por título ”Á conquista dos peros”. Froito da súa traxectoria profesional e inquietude intelectual, Fina Casalderrey ten acadado importantes premios que confirman a calidade e orixinalidade da súa creación, o interese que esperta e a persoal contribución á difusión e dignificación da literatura infantil e xuvenil en lingua galega.
A segunda parte da actuación do grupo ”O Fiadeiro” dará paso á clausura do acto na que intervirá Lois Castrillo.
Descargar todas as imaxes