Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 21 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde valora a "independencia e calidade" da comisión técnica que elixirá a dirección do MARCO

Hoxe celébrase a primeira reunión da comisión técnica de valoración das candidaturas presentadas ao concurso público convocado polo Concello para elixir á persoa que dirixirá o MARCO de Vigo.




Abel Caballero saudou este luns aos expertos que conforman a Comisión Técnica na súa primeira xuntanza para valorar as candidaturas presentadas ao concurso e cualificouna como "independente e dunha calidade excepcional. Seguramente en poucos sitios de Europa houbo unha comisión da calidade, experiencia e independencia" como a que vai seleccionar ao novo director ou directora do MARCO.

O rexedor expuxo que a Comisión Técnica está presidida por Cayetano Rodríguez, concelleiro de Cultura e vicepresidente da Fundación MARCO. Por parte do Concello foron elixidos Miguel Zugaza Miranda, director do Museo de Belas Artes de Bilbao e quen fora director do Museo do Prado entre 2002 e 2017, así como a Juan Manuel Bonet Planes, director desde 1995 a 2000 do Instituto Valenciano de Arte Contemporánea e, posteriormente, director do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, de Madrid, amais de director do Instituto Cervantes de París. En xaneiro de 2017 foi elixido director del Instituto Cervantes a nivel internacional.

A Xunta de Galicia nomeou a Antón Castro Fernández, profesor titular do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Vigo e, por parte do Ministerio de Cultura e Deporte asiste Lucas García, subdirector adxunto de Museos Estatais. Estará presente con voz e sen voto, Martiño Nogueira Canle, actual xerente da Fundación MARCO.

Abel Caballero recalcou que "non hai ningunha dúbida de que esta é unha comisión independente e da súa extraordinaria calidade", coa presenza de nomes "mundialmente respectados" no mundo da arte e da arte contemporánea. Trátase, apuntou, dun sistema de elección transparente, público e publicitado polo que "espero as desculpas públicas de quen nos calumniou falando de sistema a dedo", en referencia ao grupo Marea de Vigo.
Mais noticias
O Concello leva a FITUR un "Vigo sen límites" co alumeado de Nadal como "produto estrela"
O rexedor dá todo o seu apoio e o do goberno local á manifestación en favor da sanidade pública
O II Fórum do Instituto de Estudos Vigueses afondará na historia e cultura da cidade en once conferencias
Caballero define a Subida ao Castro, este domingo, como "unha proba de enorme dureza que abre o Run Run Vigo 2019"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003