Escoitar

Un obradoiro para captar os sons de Vigo

Continúa aberto o prazo para se inscribir no obradoiro "Paisaxe sonora de Vigo", que se desenvolverá do 9 ao 15 de novembro no MARCO como actividade complementaria á exposición <a href = 'http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=7056'>"A mostra invisible"</a>.

martes, 7 nov 2006
1162909848paisaxelogo071106.jpg
Esta actividade está incluída na xira do proxecto Escoitar.org (www.escoitar.org) por varias cidades de Galicia. Os destiantarios do obradoiro son os artistas, músicos, técnicos de son, programadores informáticos e, en xeral, persoas interesadas en aprender a escoitar e desenvolver proxectos de creación sonora ou sonorización de obra plástica. Non se requiren coñecementos previos nestes campos.

Os alumnos do obradoiro realizarán unha instalación sonora interactiva que se poderá visitar durante as xornadas de portas abertas do MARCO. Para iso, sairán a gravar a "paisaxe sonora" de Vigo tratando de atopar os sons propios da cidade, aqueles que os vigueses recoñecen dese xeito e que serven para axudar a construír a súa identidade. Exploraranse tamén espazos da cidade que teñan características acústicas especiais e rexistraranse os seus sons. Escoitarase o silencio de Vigo.

Dentro da aula do obradoiro traballarase con ese son rexistrado, con ferramentas libres (baixo linux), falarase da historia da Arte Sonora como disciplina, haberá dous seminarios públicos a cargo de especialistas no tema. Falarase de Scratch, Human Beat Box, Djs e Laptop Battles, Glitches e sons de máquinas, Mushups e Hacks sonoros, paxaros-gravadora. De Stockhausen a Squarepusher, de John Cage a Dj Spooky, do fonógrafo o son surround: o son como arma.

O prezo da inscrición é de 60 euros para interesados en xeral e de 40 para estudantes e Amigos MARCO, previa acreditación.
Descargar todas as imaxes

Máis información