Axenda 21 Local
O Concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, presentou a Axenda 21 Local coa que o goberno municipal inicia un proceso de diálogo cos seus cidadáns, organizacións locais e empresas privadas co fin de aprobar un programa de accións encamiñadas a mellorar a sostenibilidade do seu modelo de desenvolvemento. A Axenda 21 Local, promovida no marco do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, supón un novo instrumento na Estratexia Global de Calidade Urbana desta organización.
A Axenda 21 desenvólvese en 16 dos 18 municipios que integran o Eixo Atlántico: A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Vigo, Braga, Bragança, Chaves, Guimarâes, Peso da Régua, Porto, Viana do Castelo, Vilanova de Gaia e Vila Real.
La posta en marcha do proxecto corre a cargo dun equipo de empresas e entidades de diversos ámbitos, que coordinará o Instituto Sondaxe, firma que gañou o concurso convocado polo Eixo Atlántico. A súa implantación, que se realizará en varias fases, dispón de máis de 2,5 millóns de euros financiados con fondos de INTERREG e achegas da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, da Secretaría de Estado para o Ambiente do Estado Portugués e dos municipios participantes.
Esta iniciativa xurde como desenvolvemento do capítulo 28 do Programa 21 aprobado por 173 Gobernos de todo o mundo durante a Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, celebrada en Río de Janeiro en 1992. Este capítulo insta ás autoridades locais a iniciar un proceso de diálogo coa cidadanía para a promoción consensuada de iniciativas que favorezan un modelo de desenvolvemento sostible no ámbito local.
Esta experiencia é pioneira en Europa xa que, por primeira vez, cidades de dous países distintos acometen de forma simultánea o estudio conxunto dos seus problemas e das actuacións de mellora.
Descargar todas as imaxes