Escoitar

O Goberno municipal aproba a cesión ao Ministerio de Cultura da parcela para a Biblioteca do Estado

Abel Caballero anunciou este venres que o acordo significa que o Goberno de España pode iniciar a obra da infraestrutura cultural programada no soar de Coia.

venres, 24 xul 2026

O alcalde sinalou que o Goberno de Vigo deu hoxe un “paso moi importante” porque o ministerio “xa pode elaborar o proxecto da Biblioteca do Estado” poque o soar “xa está ao seu dispor”.

O rexedor lembrou que no momento no que solicitou ao Goberno de España a dotación a Vigo da infraestructura cultural, a Xunta de Galicia e o PP opuxéronse “furibunda e furiosamente”, xa que o conselleiro se dirixiu ao ministro de Cultura para “dicirlle que non fixesen a biblioteca en Vigo” e sinalar como prioridade as reformas para acometer na de Pontevedra .”Tivemos que dar unha durísima batalla coa Xunta para conseguila e gañámola”, remarcou.

Descargar todas as imaxes