Escoitar

A Federación de Bandas de Música Populares de Vigo recibirá 232.000 euros para desenvolver 115 concertos

A Xunta de Goberno do Concello aprobou hoxe o acordo coa organización que reúne a nove bandas de música da cidade para que durante todo o ano desenvolvan un extenso programa de concertos dos programas “Vigo, un mar de bandas”, “Vigo, bandas nos torreiros” e “Aulas de música”.

venres, 17 xul 2026

O alcalde explicou que o programa “Vigo, un mar de bandas”, que ofrece un total de 99 actuacións, conta cunha achega municipal de 128.920 euros. A estes súmanse os 34.200 euros para os 18 concertos de “Vigo, bandas nos torreiros, así como outros 54.000 para “Aulas de música nas bandas” e 16.080 euros para os gastos que xera cada unha das interpretacións musicais.

Caballero destacou o apoio do Concello de Vigo ás formacións populares como a Unión Musical de Valladares, a Escola de Música de Beade, a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a Unión Musical de Coruxo, Lira de San Miguel de Oia, así como as formacións de Candeán, Cabral e Bembrive.

Convenios con entidades

O Goberno municipal tamén aprobou este venres as subvencións para as asociacións “Alborada”, “Érguete” e “Amaina”, por 427.000 euros ata 2029. Cada ano as tres organizacións contarán con 107.000 euros, dos que 45.000 destínanse a “Alborada”, 37.500 euros a “Érguete” e 23.300 euros a “Amaina”.

Caballero incidiu en que o executivo local quere que as tres entidades “continúen co seu excepcional traballo e cos programas e cursos de prevención en condutas aditivas, porque contan con experiencia moi acreditada”.

Descargar todas as imaxes