Medio centenar de persoas reciben formación en desenvolvemento de capacidades persoais
Case medio centenar de persoas recolleron esta mañá o seu diploma de asistencia aos obradoiros de Desenvolvemento de capacidades persoais organizados no edificio de servizos sociais da rúa Alta. O alcalde foi o encargado de facer entrega do documento que acredita a formación en habilidades sociais, autoestima ou competencias dixitais.