Escoitar

Abel Caballero: “Os médicos resisten coa súa folga para defender aos pacientes. Todo o meu apoio e o da cidade”

O alcalde mantivo unha xuntanza co sindicato médico O’Mega onde avalou as súas reivindicacións: máis tempo para a atención aos pacientes, máis médicos e melloras nas súas condicións laborais.

mércores, 18 mar 2026

Abel Caballero expresou o seu apoio ás reivindicacións do persoal sanitario de Atención Primaria tras manter unha reunión co sindicato médico O’Mega, ao considerar que “teñen toda a razón” e que están a defender “a saúde de 300.000 persoas da cidade”.

As principais demandas trasladadas polos profesionais están centradas en tres eixos fundamentais: máis tempo para atender a cada paciente, incremento do número de médicos para reducir as listas de espera e mellora das condicións laborais. “Non se pode atender en cinco minutos”, manifestou tras a xuntanza.

O rexedor advertiu da situación na que se atopa a Atención Primaria, con consultas de apenas tres ou cinco minutos que, segundo indicou, “non dan nin para saudar ao paciente”. Nesta liña, denunciou tamén a existencia de listas de espera “longuísimas” que o sistema non é capaz de absorber nin reducir.

Caballero cualificou de “valentes” aos profesionais que están a mobilizarse en defensa da sanidade pública, mesmo asumindo custos económicos e emocionais. O alcalde lembrou que xa participou en concentracións convocadas polo colectivo e confirmou que seguirá apoiando as súas accións.

O alcalde criticou a actitude da Xunta de Galicia, á que acusou de non querer reunirse cos profesionais e de optar por unha estratexia de confrontación. “A Consellería ten que convocalos para empezar a dialogar. A Xunta quere ir ao choque total”, advertiu. Segundo Caballero, esta situación prexudica tanto ao persoal sanitario como á cidadanía, que non está

O rexedor concluíu reafirmando o apoio do Concello e da cidade ás reivindicacións da Atención Primaria. “Teñen o meu apoio e o apoio de Vigo”, afirmou, insistindo en que as súas demandas son tamén as da cidadanía.

Descargar todas as imaxes