Escoitar

Abre a inscrición para o campamento de Semana Santa no VigoNature

Ábrese a inscrición para o campamento “Aventura na natureza en VigoNature” que contará con 50 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

luns, 16 mar 2026

Hoxe comeza o prazo para inscribirse aos campamentos de Semana Santa no VigoNature para nenos e nenas de idade comprendida de entre 6 e 12 anos. O campamento será os días 30 e 31 de marzo e o 1 e 6 de abril, e o seu horario é de 8:00 ás 15:00 horas, xa que conta co servizo de madrugadores e friameira.

Este programa de actividades educativas están relacionadas co clima e a fauna no que os participantes realizarán exploracións polo parque, xogos de orientación, actividades de observación con prismáticos e lupas, construción de refuxios e xogos e retos de habilidade. É unha experiencia activa ao aire libre que combina aventura, descubrimento e diversión.

Para realizar ás inscricións das 50 prazas dispoñibles hai que enviar un correo electrónico ao enderezo vigonature@vigo.org 

Descargar todas as imaxes

Máis información