O goberno local suma 240.000 euros á reposición e creación de novas zonas verdes
O Concello aprobou a contratación de subministro de árbores, arbustos, plantas e especies vexetais para os próximos tres anos, por un valor de 240.000 euros. A previsión, dixo Caballero, é alcanzar 2,3 millóns de metros cadrados de novas zonas verdes nos próximos anos, “Vigo es cada vez máis unha cidade verde”.
Este contrato de case un cuarto de millón de euros permitirá a reposición de árbores e zonas verdes da cidade acorde coas necesidades que se vaian detectando e atendendo as peticións da cidadanía. Este contrato para os próximos tres anos facilitará a creación de novas zonas verdes, substituirá árbores caídos polos temporais, mellorará a calidade do aire e creará novas de zonas de sombra.
Caballero aludiu á plantación na cidade de máis de 35.000 desde 2007 e subliñou que o PXOM prevé a creación de 2 millóns de metros cadrados máis de zonas verdes o que permitirá chegar aos 3,3 millóns nos próximos anos. O alcalde concluíu que “Vigo é unha cidade chea e colmada de verde”.