Escoitar

O Goberno de Vigo aproba a oferta de emprego público de 2026 con 79 prazas

A Xunta de Goberno aprobou este venres a oferta de emprego público para 2026 con 79 prazas, segundo anunciou o alcalde.

venres, 19 dec 2025

Abel Caballero explicou que das 79 novas prazas, 69 son de funcionarios e 10 de persoal laboral. Do total, 60 son de acceso libre e 19 de promoción interna.

A oferta contempla 8 prazas novas para o servizo de extinción de incendios co que “nestes momentos xa temos todas os postos de bombeiros están en oferta”, recalcou o rexedor. A web do Concello de Vigo publica as propostas de nomeamentos dos bombeiros de 2021, 2022 e 2023.

O alcalde destacou a especial atención prestada polo Goberno municipal aos servizos de bombeiros e de Policía Local, xa que neste último tamén conta coa cobertura do 125 por cen polas xubilacións do ano 2024 e estase nomeando en prácticas a 8 novos policías. “Estamos nun proceso de acción importantísimo nos funcionarios e traballadores do Concello”, indicou.

 

Descargar todas as imaxes