Escoitar

O Goberno local aproba a contratación de 2026 que ascende a 236 millóns de euros

A Xunta de Goberno aprobou este venres o plan anual de contratación do Concello que entra en vigor o próximo 1 de xaneiro de 2026. O alcalde explicou que o importe estimado dos contratos ascende a 236,5 millóns de euros.

venres, 19 dec 2025

Abel Caballero sinalou que o plan recolle a planificación dos contratos por procedementos abertos e negociados de todas as áreas e servizos municipais prevista polo Concello para todo o ano 2026.

O maior investimento correspóndese á área de obras, con 177,6 millóns de euros; seguida de servizos con 45,7 millóns; 19 millóns para subministracións e 3.050.000 euros en contratos mixtos que compenden a subministración e a construción e o seu mantemento.

Novos contratos

Caballero destacou o investimento programado en Balaídos de 6.800.000 euros . “Estamos a traballar polo mundial de fútbol. É o investimento xa que conducirá a reformar a bancada de Balaídos para o aforo de 43.000 espectadores e cubrir todos os requisitos do Mundial. A Federación Española de Fútbol xa non ten ningún argumento para non nomear a Vigo cidade do mundial”.

O rexedor lembrou que no proxecto das ramplas de Gran Vía, incluído no plan anual, segue pendente do permiso da Xunta. “Estánnolo parando e temos que facer a contratación e o gasto e, por tanto, as dificultades que nos pon a Xunta”.

Entre os novos contratos destacan:

. 1.805.300 euros para Vigo Vertical coas ramplas de Gran Vía e o acceso á Finca Matías.

. 4.430.837 euros na intervención artística no barrio de O Rocío.

. 1.831.000 para modernizar o mercado de Teis.

. 2.019.570 euros na exposición temporal “Julio Verne 200”.

. 2.505.740 euros para humanizar Doutor Carracido.

. 2.505.740 euros para humanizar Rosalía de Castro.

. 800.000 euros para o plan de asfaltados.

. 976.000 euros para mellorar a zona verde de Rivera Atienza.

Toda a información será accesible a través do perfil do contratante que está aloxada na plataforma de contratos do sector público e no portal de transparencia do Concello.

Descargar todas as imaxes