O Concello volve organizar campamentos inclusivos no Nadal
O prazo de inscrición no programa Vigo Inclusivo está aberto ata o 12 de decembro. O campamento desenvólvese os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro no Verbum de 9 a 14 horas. Caballero tamén informou de que o próximo ano o circuíto Run Run Vigo incluirá a carreira Vigo Contra o Cancro coa cooperación activa de AECC.
“Queremos favorecer a educación formal e non formal, o desenvolvemento das persoas e a conciliación das familias no período non lectivo”, afirmou o alcalde.
Están convocadas 30 prazas para persoas empadroadas en Vigo de entre os 3 e os 64 anos de idade. A inscrición é de balde. “Vigo Inclusivo” inclúe actividades lúdicas e dinámicas, excursións, obradoiros e propostas culturais, todas elas deseñadas para fomentar a participación activa e promover a inclusión social.
Run Run Vigo
Caballero informou que o próximo ano comeza a 7ª edición de Run Run Vigo, o circuíto municipal de 12 carreiras que incluirá a Carreira Contra o Cancro “organizada polo Concello coa cooperación activa da Asociación Española Contra o Cancro”. Segundo detallou, 15.000 atletas participaron nestes eventos deportivos.