O Concello asesorou a máis de 200 empresas co programa Vigo Emprende
Abel Caballero debullou os datos do programa de asesoramento a emprendedores do último ano no que se rexistraron máis de 900 asistencias personalizadas.

O alcalde considera que o servizo é “moi importante” xa que acompaña a novos negocios e empresas xa existentes na súa modernización e asesoramentos xurídicos, económicos e tecnolóxicos.
Vigo Emprende mellorou a situación de 200 empresas no último ano no que rexistrou máis de 900 asistencias. O goberno local inviste 150.000 neste programa de creación de emprego e autoemprego na cidade. “Apoiamos a xeración de proxectos na cidade”, declarou o rexedor.