Escoitar

Vigo recibirá 6 millóns de euros do PERTE do Ciclo da Auga

O Goberno de España vén de conceder ao Concello de Vigo a práctica totalidade do importe solicitado para o proxecto que “contempla integrar a monitorización, vixilancia e control en tempo real” do Ciclo da Auga.

mércores, 13 ago 2025

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico acaba de concedernos 5.996.314,35€ de Fondos Europeos Next Generation EU, na terceira convocatoria do PERTE para a dixitalización do ciclo da auga. O Concello de Vigo presentou un proxecto que se eleva aos 7,3 millóns, para os que solicitou unha subvención de 6 millóns e os 1,3 millóns restantes corren a cargo de Aqualia.

O proxecto “contempla integrar a monitorización, vixilancia e control en tempo real”. Crearase un centro intelixente para a xestión do ciclo da auga en Vigo, onde se centralizará toda a operativa, este novo e innovador sistema permite, por exemplo, obter datos que alertan de posibles problemas na rede de abastecemento.

Caballero recalcou que se trata dunha actuación integral do ciclo da auga, desde a captación, pasando pola potabilización, distribución, rede de sumidoiros e rematando na depuración. A súa posta en marcha mellorará a eficiencia e rendemento do ciclo da auga e o compromiso co medio ambiente.

Descargar todas as imaxes