Escoitar

O alcalde apoia a demanda da Compañía de María de restablecer os 3 grupos de 4ª de infantil para 60 escolares

Abel Caballero expresou este venres o apoio do goberno municipal de Vigo á reclamación da dirección e familias do Colexio Compañía de María para que a Xunta restableza a oferta inicial de 60 prazas para alumnos de 3 anos que cursan cuarto de Educación Infantil, tras a decisión unilateral, e non comunicada por parte da Consellería de Educación, de eliminar un dos tres grupos ofertados no centro. O alcalde, tras reunirse o xoves coa dirección do centro, denuncia que 20 escolares quedaron sen praza e sen o seu dereito a elixir centro educativo. Tras denunciar o "ataque inxustificado" a un colexio con cen anos de presenza e historia na cidade, o rexedor afirma que os recortes de matrícula de 2024 no Colexio Público García Barbón e en 2025 en Compañía de María son un serio ataque á educación de Vigo.

venres, 25 abr 2025
Descargar todas as imaxes