Escoitar

O goberno municipal inviste 1,5 millóns de euros na mellora dos muros de tres instalacións municipais

A Xunta de Goberno do Concello aprobou na reunión deste venres a reconstrución e reparación dos muros das instalacións municipais do campo de fútbol Sárdoma-Moledo, do Parque Nelson Mandela e da piscina das Travesas. O investimento nas tres obras ascende a 1,5 millóns de euros.

venres, 4 abr 2025

Abel Caballero anunciou hoxe o inicio da reconstrución este verán do muro perimetral e do talude no campo municipal de fútbol Sárdoma-Moledo por un importe de 719.000 euros. “Un investimento para favorecer ao Sárdoma-Moledo”, recalcou o alcalde.

Entre as reparacións acordadas hoxe polo goberno local atópase a reconstrución do muro de contención do Parque Nelson Mandela, en Navia, que teñen un orzamento de 450.272 euros. “Un dos muros dese parque afundiuse e imos refacelo”, explicou o rexedor.

A terceira obra acordada céntrase no muro de contención de terras da piscina municipal de As Travesas, cun importe de 275.024 euros.

As tres obras comenzarán neste verán. Contarán cun prazo de execución de 12 semanas no caso do Parque Nelson Mandela, de 5 meses no campo de fútbol Sárdoma-Moledo e de 4 meses na piscina das Travesas.

Descargar todas as imaxes