Escoitar

O alcalde salienta o éxito da festa da Reconquista

A cidade encheuse esta fin de semana para celebrar a vitoria sobre os exércitos napoleónicos, nunha cita que “bateu marcas de asistencia con máis de 250.000 persoas”, segundo indicou Caballero.

luns, 31 mar 2025

O alcalde valorou este luns o desenvolvemento da Reconquista desta fin de semana na que a cidade viviu a súa festa histórica conmemorando con representacións teatrais a expulsión das tropas francesas no ano 1809. A festa “bateu marcas de asistencia con máis de 250.000 persoas” que se achegaron ás rúas vigueses para bailar, cantar e gozar das propostas do mercado.

Abel Caballero informou de que a media de ocupación hostaleira durante esta ponte da Reconquista foi de “practicamente o 55%”, sendo o sábado o día de maior ocupación xa que se superou o 60% de ocupación.

O reforzo do transporte urbano con motivo da Reconquista acadou unha boa acollida xa que 107.000 viaxeiros fixeron uso durante toda a fin de semana deste servizo. Isto é un 53% máis que calquera fin de semana do resto do ano.

Descargar todas as imaxes