Escoitar

O goberno local inviste 1,6 millóns de euros no mantemento dos cemiterios municipais

O Concello licita a prestación do servizo de limpeza, acondicionamento, conservación e mantemento integral dos oito cemiterios municipais que terá un orzamento anual de 400.000 euros.

martes, 18 mar 2025

Abel Caballero informou este martes da licitación da prestación do servizo de mantemento integral dos cemiterios municipais de Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Pereiró, Teis e Zamáns para que estean nas mellores condicións para a visita das familias.

O contrato terá un orzamento de 1.637.400 euros e inclúe os exercicios de 2025, 2026, 2027, 2028 e 2029, o que significa que o presuposto anual será superior aos 400.000 euros.

Tal e como recolle o prego, a empresa deberá realizar os labores de mantemento en todo o ámbito dos cemiterios municipais en tarefas como son a limpeza, traballos de xardinería e labores de conservación. Tamén se inclúe o coidado de todos os elementos non vexetais, mobiliario urbano e tarefas necesarias en camiños e paseos dentro de perímetro do cemiterio.

Descargar todas as imaxes