O Concello iniciou un expediente de imposición de penalidades por incumprimento grave a Ryanair
A compañía non cumpriu “no número de voos a Londres e a publicidade que está obrigada a facer”.
Abel Caballero explicou que a conexión Vigo-Londres, que realiza Ryanair, “ten apoio de publicidade do Concello de Vigo e están incumprindo”. O Concello de Vigo abriu un expediente “para analizar a situación”.
“A ruta a Londres esta vinculada a un contrato de promoción co Concello, que Ryanair incumpriu con faltas graves”, o que derivou, como explicou o primeiro edil, na iniciación “dun expediente de imposición de penalidades por incumprimento grave, xa comunicado á compañía e a punto de rematarse”.
O procedemento conta con dous expedientes sancionadores, “unha polo recorte de voos a Londres e outro polo incumprimento das accións publicitarias sobre Vigo”, que se rematarán nas próximas datas e “os técnicos decidirán que corresponde facer”.