Escoitar

As entradas para os 28 espectáculos de VigoCultura, á venda o 10 de setembro

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o prezos de venda das entradas para os espectáculos que poderán verse no Auditorio Municipal entre outubro e decembro.

venres, 6 set 2024
Resumo do programa
Resumo do programa

O alcalde puxo en valor o programa que, cun orzamento de 150.000 euros, inclúe 28 espectáculos entre os meses de outubro e decembro, 2 son espectáculos de rúa e 26 as funcións que se representarán no Auditorio Municipal, das que 18 son público adulto e 8 para o público familiar.

Caballero destacou o apoio do programa municipal de artes escénicas ás compañías e artistas de Vigo e a súa área, a presenza de compañías e artistas galegos de recoñecido prestixio e tamén de fóra de Galicia. “Queremos promover o teatro e a acción artística na cidade”.

As entradas poñeranse á venda o vindeiro martes, 10 de setembro, a partir das 10 da mañá e poden adquirirse sen gastos de xestión na web www.giglon.com, presecialmente na librería Libros para Soñar, situada na rúa Triunfo, 1 e, de quedaron dispoñibles, poderán mercarse o mesmo día da función na billeteira.

Quedou aprobado o prezo de 5 euros para os adultos, con algunhas excepcións de espectáculos de 10 e 8 euros en función do caché dos mesmo; e de 5 euros para o público familiar, agás nos espectáculos para bebés, que son 3 euros. Ademais hai un descontos do 30% para menores de 25 anos e abonos en venda anticipada: 5 espectáculos con 10% desconto sobre o prezo total e 10 espectáculos con 25% de desconto.

 

Descargar todas as imaxes