O goberno municipal dedica 450.000€ ao fomento do asociacionismo e da participación cidadá
O alcalde avanzou que se aprobará na Xunta de Goberno Local de mañá as bases reguladoras e a convocatoria. Tamén se aprobará a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que realizan programas de apoio ás mulleres.
Abel Caballero informou que a Xunta de Goberno Local aprobará as bases reguladoras e a convocatoria das “Subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá 2024” cun presuposto de 450.000€. A convocatoria divídese en catro programas de axuda:
- Gastos de mantemento e funcionamento das entidades veciñais
- Gastos de mantemento das entidades veciñais que carezan de local municipal en réxime de cesión ou en outras condiciones de uso gratuíto
- Gastos de inversión en equipamento
- Gastos de inversión en obras e adquisición de inmobles
O Concello “quere apoiar o asociacionismo” destinando 250.000 euros para os dous primeiros programas (gastos de mantemento) e 200.000 euros para os dous últimos (gastos de inversión). As axudas serán concedidas por concorrencia competitiva, a entidades veciñais e sociedades culturais sen ánimo de lucro nas actividades que realicen entre 16 de novembro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.
Subvencións a entidades que realizan programas de apoio as mulleres
O rexedor indicou que “mañá aprobaremos a proposta de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que realizan programas de apoio a mulleres no ano 2024, ao que destinamos un importe de 91.500 euros”. Concédense axudas a 44 entidades que traballan na cidade.