Escoitar

Récord histórico de prazas nos campamentos de verán do Concello con 4.425 participantes

O Concello bateu este verán o récord histórico de oferta de prazas nos campamentos de verán coa participación de 4.425 nenos e nenas. Así o constatou hoxe Abel Caballero ao visitar, coas concelleiras de Turismo e Xuventude e Medioambiente, María Lago e Nuria Rodríguez, o campus polideportivo de Bouzas.

martes, 13 ago 2024

Abel Caballero explicou hoxe que este verán o Concello despregou unha oferta de 4.425 prazas de campamentos: 4.000 no programa “Verán Xove 2024”, e o resto para nenos e mozos de entre 6 e 14 anos.

Os campus polideportivos e campamentos finalizarán o día 30 de agosto, segundo apuntou o alcalde ao lembrar que estes se realizaron en Travesas e Samil. “Seguimos facendo os campamentos do verán”, remarcou o rexedor.

Descargar todas as imaxes