Escoitar

Caballero felicita ao novo xefe fiscal xefe de Vigo polo seu nomeamento

O alcalde acudiu ao acto de toma de posesión do novo fiscal xefe da área de Vigo, Óscar Vladimir Vallejo Torres, que tivo lugar na mañá deste venres na Cidade da Xustiza. Caballero estivo acompañado da tenente de alcalde e senadora, Carmela Silva, e outras autoridades que arrouparon a Vallejo Torres neste día. O rexedor felicitou á fiscal saínte polo seu traballo e felicitou ao recente nomeado ao que lle desexou o mellor dos éxitos.

venres, 19 abr 2024
Descargar todas as imaxes