Escoitar

O Concello solicita fondos europeos para o Pazo de Castrelos

A Xunta de Goberno aprobou a participación do Concello no programa para a mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico de uso turístico enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, dotado cos fondos europeos Next Generation EU. As melloras do Pazo de Castrelos suporán un investimento de 1,5 millóns de euros.

venres, 12 mai 2023

O goberno local aprobou a solicitude de 1.500.000 euros no programa de mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico de uso turístico. Trátase dunha convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, dotado cos fondos europeos Next Generation EU.

As actuacións do proxecto contemplan a conservación, o mantemento, a posta en valor e a rehabilitación en toda a estrutura do pazo. Tamén se aposta pola dixitalización do patrimonio cultural para a exposición de imaxes mediante fotografía de alta resolución e a creación de visitas virtuais. No proxecto contémplase amais a creación dunha central de reservas. Haberá un novo sistema de climatización e unha xestión optimizada do rego nos xardíns históricos deste pazo. Outra das actuacións será o cambio das xanelas para o mellor rendemento térmico e acústico.

Descargar todas as imaxes