Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 09 de setembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello finaliza as obras dos patios cubertos dos colexios García Barbón e Canicouva

Abel Caballero destacou este luns que o Concello de Vigo recepcionará este martes as obras dos patios cubertos do García Barbón e Canicouva, polo que o alumnado de ambos colexios xa disporán das novas instalacións coa apertura este mércores do curso escolar para Infantil e Primaria.

Os colexios García Barbón e Canicouva xa dispoñen de patio cuberto despois de que o Concello de Vigo finalizase as obras en prazo para non interferir nas actividades escolares e estar a dispor do alumnado coa apertura, este mércores, do novo curso de Infantil e Primaria.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este luns en rolda de prensa os avances das obras do Concello de cara ao novo curso. O rexedor indicou que o Concello xa asumiu a construción de sete cubertas de patios de colexios (García Barbón, Canicouva, Rocío, Carballal e Castelao) e ten outras dúas en marcha (Balaídos e Pintor Laxeiro), ademais de quince peticións de outros tantos centros escolares.

O investimento municipal nos patios de colexios xa ronda os dous millóns de euros, mentres que nas becas de comedor son outro 1,8 millóns. Tamén explicou o rexedor que xa está avanzada a obra da rúa Coutadas para os accesos aos institutos Rosais 2 e República Oriental de Uruguay, cun custe de 400.000 euros, e os peches do Santa Irene e o Santo Tomé por un importe de 60.000 euros.

"Todo isto tería que pagalo a Xunta de Galicia, que gasta diñeiro en publicidade e propaganda pero que non atende á cidade de Vigo", indicou Abel Caballero.
Mais noticias
Caballero defende que a súa revalidación como presidente da FEMP "referenda a Vigo como modelo político"
O Concello abrirá en dez días a nova Biblioteca de Navia con 200 postos de lectura
O goberno local restrinxe os baldeos de agua nas rúas de Vigo como medida de aforro
Comezan os cursos preparatorios para os 900 estudantes que gozarán do programa Vigo en Inglés


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003