Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 09 de setembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello abrirá en dez días a nova Biblioteca de Navia con 200 postos de lectura

O alcalde de Vigo avanzou este luns que a Biblioteca de Navia, con 200 postos de lectura, abrirá nun prazo aproximado de dez días. A nova instalación municipal contou cun investimento próximo aos 500.000 euros e disporá de uns 200 postos de lectura.




A nova Biblioteca de Navia abrirá as súas portas con 200 postos de lectura nun prazo aproximado de dez días. Así o avanzou este luns o alcalde, Abel Caballero, aos medios de comunicación despois de realizar unha visita ás novas instalacións municipais.

Segundo explicou o rexedor, todos os lugares de lectura dispoñen de conexións e wifi, mentres que o salón é ampliable, de forma que podería acoller a máis postos se existe demanda. "Esta é a nova dimensión das políticas culturais da cidade, supón un grande avance porque Vigo tiña carencia de bibliotecas", sinalou Caballero.

O alcalde lembrou que durante o seus mandato abriu a Biblioteca Neira Vilas, na rúa Martínez Garrido; a sala do Auditorio Mar de Vigo, cuns 400 postos de lectura, e a aula da Casa do Patín, polo que xa existen máis de 800 postos de lectura na cidade.

"Xa estamos entrando nun rango de número de postos de lectura que Vigo necesita", sinalou antes de engadir que xa está en marcha o proxecto da Biblioteca de Teis, no edificio da Seguridade Social, e que Goberno de España xa deu visto e prace á Biblioteca do Estado na rúa Lalín.
Mais noticias
O Concello finaliza as obras dos patios cubertos dos colexios García Barbón e Canicouva
Caballero defende que a súa revalidación como presidente da FEMP "referenda a Vigo como modelo político"
O goberno local restrinxe os baldeos de agua nas rúas de Vigo como medida de aforro
Comezan os cursos preparatorios para os 900 estudantes que gozarán do programa Vigo en Inglés


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003