Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 03 de xullo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Vigo acolle por primeira vez en Galicia a campaña "Móllate pola esclerose múltiple"

O próximo domingo 8 de xullo a piscina da Ponte de Rande, en Samil, acollerá a campaña solidaria "Móllate pola esclerose múltiple". A partir das 10,30 h comezarán as actividades, de carácter lúdico e familiar, ás que está invitada toda a cidade, tal e como avanzou o rexedor na presentación da iniciativa.




A campaña solidaria "Móllate pola esclerose múltiple" chega por primeira vez a Galicia o próximo domingo 8 de xullo bautizada como "Móllate". A praia viguesa de Samil será a primeira de toda a comunidade galega en acoller esta campaña de sensibilización social organizada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) e a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) co fin de achegar á sociedade unha patoloxía coa que conviven máis de 3.000 persoas en Galicia e unhas 47.000 en España. O evento, que conta coa cooperación do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, conta con numerosas e moi diversas actividades lúdicas de carácter familiar que terán lugar ao longo da xornada na piscina da Ponte de Rande de Samil.

As actividades do "Móllate" comezarán ás 10,30 h, cunhas "olimpíadas molladas" de xogos con auga para todas as idades. O evento incluirá dous chapuzóns solidarios para apoiar ás persoas con EM e dúas "piscicarreiras" de relevos co fin de sumar metros pola esclerose múltiple que se sumarán a un reconto nacional. Esta iniciativa lévase a cabo en máis de 900 praias e piscinas de todo o país.

Na rolda de prensa tamén estiveron presentes Sylvia Mouriño, secretaria de AVEMPO, e Jacobo Caruncho, responsable de comunicación de FEGADEM.
Mais noticias
Vigo optará a 5 millóns para 150 inmobles dentro do plan nacional de edificios intelixentes
O Concello e a Deputación de Pontevedra apoian a segunda edición do VigoSeaFest con 155.000 euros
O Festival de Jazz de Vigo chega ao seu ecuador con gran éxito de público


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003