Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 14 de setembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Os ambulantes de Vigo, satisfeitos, logo dun ano da regulación dos mercadiños de Bouzas e Coia

O alcalde de Vigo destacou esta mañá o éxito da regulación dos mercadiños que o Concello realizou hai máis dun ano, dada a satisfacción que esta mañá lle trasladaron os propios ambulantes. Durante o encontro, estes comerciantes agradeceron ao goberno local uns cambios que supuxeron igualdade de condicións para todos os postos e o cumprimento da normativa vixente.




A Asociación de ambulantes de Vigo acudiron esta mañá ao Concello para trasladarlle ao alcalde e ao concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, a súa satisfacción coa reordenación dos mercadiños que acometeu o Concello hai algo máis dun ano. Tal e como explicou o rexedor en posterior rolda de prensa, estes comerciantes pasaron dunha situación de "preocupación, opacidade e serias dificultades" á unha situación de transparencia na que todos os postos "están regulados, en igualdade de condicións e cumprindo a normativa".

Caballero explicou que os ambulantes están "moi recoñecidos" polo traballo do Concello e fan unha "magnífica" valoración desta regulación o que demostra que foi un éxito, engadiu. Nestes momentos, hai 117 postos ocupados en Bouzas e 88 en Coia.
Mais noticias
O rexedor traslada a CCOO a súa "conformidade total" coa conversión do antigo Cíes en Centro de Día
O alcalde urxe a reposición de policías para poder incorporar 29 axentes máis ao Concello
O goberno vigués adicará 900.000 euros ao asfaltado de 8 quilómetros de rúas
O Concello aproba o proxecto dun "macro parque infantil" en Pedro Alvarado por 500.000 euros


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003