Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 11 de marzo de 2003

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Constitución do Consello Local de Servicios Sociais

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, preside a constitución do Consello Local de Servios Sociais do Concello de Vigo. O Consello fórmase como medio de participación sectorial creado ó amparo do regulamento de Participación Cidadá.

Regulamento

O Consello Local é un órgano consultivo e de participación no ámbito dos servicios sociais en tódalas cuestións referentes as súas competencias buscando a mellor solución para acadar a maior calidade de vida para o conxunto dos cidadáns. Na reunión, Belén Sío presentaralle ós membros do Consello o departamento de Benestar Social e proporá a creación dos grupos de traballo de rede de solidariedade; infancia e familia, maiores e minorías.

As principais funcións do Consello son estudiar e emitir informes sobre os criterios adoptados na elaboración dos anteproxectos de presuposto de servicios sociais e sobre os temas que consideren de interese para o ámbito da acción social; coordinación entre as institucions e entidades que actúan no campo dos servicios sociais; potencia-la participación da sociedade e das administracións públicas na xestión dos servicios sociais; elaborar criterios e directrices así como emitir dictamenes, a instancia da corporación municipal, no ámbito dos servicios sociais; asesorar á corporación en asuntos de servicios sociais, ben por experiencias profesionais, sectoriais, ben por necesidades sentidas; facer cantas propostas considere oportunas en materia de servicios sociais ó órgano competente e avaliar globalmente os resultados da execución dos programas.

A actuación do Consello Local de Servicios Sociais centrarase en sectores de poboación e problemáticas da comunidade; familias, infancia e xuventude; minusvalías; maiores; muller, drogodependencias, alcoholismo, e outras adiccións, minorías étnicas e outras problemáticas de marxinación social.
Mais noticias
O alcalde impulsa a creación dun organismo para promover Vigo como cidade de feiras e congresos
A comisión de xustiza propón formar máis policías para os casos de violencia de xénero
Xornadas de debate sobre as consecuencias sociais, económicas, xurídicas e ambientais do Prestige


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003