Escoitar

A bandeira xitana ondea o sábado no Concello con motivo do día internacional deste pobo

O Concello de Vigo súmase á conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano coa colocación o 8 de abril dunha bandeira no edificio consistorial. Así o explicou este venres o rexedor logo de recibir o estandarte de mans de representantes de varios colectivos de etnia xitana. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano organizado en Londres en 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitanos.

venres, 7 abr 2017
1491569210poboxitano.JPG
Descargar todas as imaxes