Escoitar

O Concello poxa catro parcelas municipais para construción de vivendas unifamiliares en Navia

A Xerencia de Urbanismo acordou iniciar o proceso para a subasta de lotes unitarios de catro parcelas municipais en A Tomada (Navia). Tamén se deu conta da presentación de 332 comunicacións previas da oficiña de licenzas, correspondentes ao mes de agosto.

luns, 3 nov 2014
A Xerencia de Urbanismo acordou incoar o procedemento para a poxa por lotes unitarios das parcelas municipais 249, 250, 251 e 252 do Inventario do Patrimonio Municipal do Solo, situadas na Tomada (Navia). Por un importe total de 314.160 euros, as parcelas son para construcción de vivendas unifamiliares ailladas ou adosadas.

O goberno local tamén dediciu prorrogar por un ano o contrato do servizo da oficiña de Rehabilitación da Vivenda, adxudicado o 28 de outubro de 2011 á empresa Consultora Galega. Ademais, aceptouse a renuncia á revisión de prezos anunciada pola empresa.

Na reunión semanal de Urbanismo, que nesta ocasión, celebrouse hoxe luns, deuse conta do informe de comunicacións previas da oficiña de licenzas do mes de agosto. Concretamente, explicou o rexedor, tramitáronse 332 comunicacións, das que 62 foron de obras maiores, 194, de obra menor e, 76, de actividade.

El rolda de prensa, Caballero referiuse á concesión de 11 licenzas de obra e 3 de actividade para un investimento de 588.573 euros. Entre estas, destaca a prórroga de 6 meses para o inicio da execución das obras autorizadas á Tesourería Xeral da Seguridade Social para o derribo do edificio da Metalúrxica (García Barbón, 73). Tal e como explicou, en rolda de prensa, o grupo socialista vai presentar unha enmenda aos Orzamentos Xerais do Estado para que inclúan unha partida que permita iniciar unha obra para a que contan con licenza desde hai tres anos.

Cidade da Xustiza
O rexedor criticou hoxe o retraso de tres semanas na publicación dos anuncios remitidos ao BOP e DOG para a subasta das 28 vivendas municipais pendentes de poxa en República Arxentina 12-14. Nestes moementos, explicou, o Concello está iniciando o proceso de venta das vivendas que non se venderon na primeira poxa e na súa opinión, a estas alturas o anuncio debería estar publicado dado que se enviou con acuse de recibo o pasado 13 de outubro. En todo caso e para evitar maiores retrasos neste proceso e que os cidadáns teñan toda a información precisa, o Concello facilita todos os datos nos enlaces a páxinas da web municipal que se achegan, ademais de lembrar que as citas para visitar as vivendas do seu interese se xestionan no 110. Respecto dos prazos, Caballero indicou de que a finais do proximo mes de setembro estarán dispoñibles os terreos para que a Xunta poida construir a Cidade da Xustiza.

Enlaces:
Punto de Información Vivenda: http://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_viv_poxa.php?lang=ga (breve resumen, tabla de lotes disponibles y enlace al perfil del contratante)
Perfil del contratante: https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante/licitacion.jsp?id=494&vgo=PRSNL&lang=gal