Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 17 de xuño de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O prazo para solicitar as axudas municipais de aloxamento, subministros e alimentación remata o 14 de xullo

Desde hoxe martes ata o 14 de xullo poderán solicitarse as axudas municipais de aloxamento, subministros e alimentación nunha oficiña instalada na Lonxa do Concello entre as 09,00 e as 13,30 horas. As achegas deste programa, dotado cun 2 millóns de euros, adxudicaránse en réxime de concurrencia competitiva.

O alcalde deu conta esta mañá da apertura do prazo para solicitar o Programa municipal de axudas para gastos de aloxamento, subministros e alimentación dotado con 2 millóns de euros. Tal e como explicou, os interesados poderán optar a estas achegas ata o 14 de xullo, solicitándoas nunha oficiña instalada na Lonxa do Concello e a adxudicación será en réxime de concurrencia competitiva. Tal como explicou o rexedor, estánse a axilizar os trámites para que estes cartos cheguen canto antes ás familias dado que xa se poden facilitar cando aínda non está en vigor o orzamento de 2014.

Os requisitos para acceder a estas axudas sociais son os seguintes: todos os membros da unidade de convivencia deben residir e estar empadronado en Vigo desde hai tres anos; todos os membros da unidade familiar deben compartir vivenda co solicitante a data 1 de xaneiro de 2014; ningún membro da unidade de convivencia pode ter renunciado a ningunha axuda o prestación á que tivera dereito; ningún membro da unidade pode ter ben inmoble que non sexa a vivenda habitual; as rendas da persoa ou unidade de convivencia, unha vez descontado o coste mensual dos gastos de aloxamento, non superen os seguintes límites:

Ingresos máximos por unidade de convivencia:
1 membro: 200 euros
2 membros: 300 euros
3 membros: 375 euros
4 membros: 450 euros
5 membros: 500 euros
6 membros: 575 euros

Os gastos mensuais de aloxamento que se poderán deducir dos ingresos son os seguintes:
1 membro: 150 euros
2 membros: 250 euros
3 membros: 275 euros
4 membros: 300 euros
5 membros: 350 euros
6 membros: 400 euros
Mais noticias
O alcalde anuncia un concerto da Coral Casablanca en defensa da autonomía xudicial viguesa
Vigo lidera un proxecto europeo de mobilidade sostible dotado con 1,5 millóns de euros
O goberno local formou en igualdade de xénero a 4.300 alumnos de Infantil e Primeria
O Concello cooperará con Cogami na creación dun centro educativo en Navia para persoas con discapacidade


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003