Vigo pon en marcha un proxecto europeo de coches eléctricos de aluguer
O alcalde de Vigo participou hoxe xoves na presentación dos novos vehículos eléctricos de aluguer da empresa viguesa Wellgood solutions. Uns coches aos que, tal como explicou Caballero, se accede a prezos asequibles e, ademais, non contaminan nin acústicamente nin con emisións de CO2.
Vigo é un modelo de eficiencia enerxética no tocante ao uso do coche eléctrico, tal e como se resaltou esta mañá na presentación de 6 novos vehículos eléctricos de aluguer que desde hoxe percorrerán as rúas da cidade. Durante a presentación, o rexedor, acompañado polos responsables da empresas viguesa Wellgoog solutions, abogou por "accións con eficiencia que liberen as cidades de contaminación", unha máxima na que incluiu a aposta polo vehículo eléctrico, destacando que Vigo é un referente europeo e poñendo por exemplo que o coche oficial do alcalde é un vehículo non contaminante.
Esta iniciativa é posible grazas á participación de Vigo no programa europeo, Mobierope, no que o Concello participa de xeito activo. Alugar un destes seis vehículos ten un custo de 5 euros, un prezo que inclúe a carga eléctrica e o aparcamiento en calquera destes tres parkins: Policarpo Sanz, Areal ou Pintor Colmeiro.
Descargar todas as imaxes