Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Noticias
Subscribirse
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica

Participa


 
luns, 09 de novembro de 2009

Imprimir | Enviar | Escoitar


7º aniversario do Marco

O 13 de novembro de 2009, o MARCO cumpre sete anos dende a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o venres 13, sábado 14 e domingo 15 de novembro terá lugar a festa do 7º aniversario, cun amplo programa de actividades para públicos de todas as idades. Para esta especial ocasión, o museo permanecerá aberto ao público nun horario máis amplo do habitual, incluíndo a noite e madrugada da fin de semana: dende as 11.00 da mañá do sábado ata as 05.00 da madrugada do domingo, e reanudándose dende as 11.00 ata as 21.00 do domingo.




As actividades programadas para esta edición inclúen a presentación da obra NEXUS, de Félix Fernández, Diana Larrea e Andrés Senra, no salón de actos. O venres 13 de novembro, a colaboración co Festival ‘Chámalle X’ traerá ás salas do MARCO unha performance da artista alemá Nezaquet Eciki. Durante a fin de semana, o público poderá desfrutar de actividades como o proxecto DOLL-is de bonecas interactivas, de Alberto Valverde e María Castellanos; obradoiros infantís para familias; xogos de pistas na Biblioteca-Centro de Documentación; un mercadiño de libros na tenda-librería Plaxio... e moi especialmente, un programa nocturno que inclúe poesía, música e danza nas salas de exposición, nunha noite animada por concertos e DJ no MARCO restaurante&café.
Mais noticias
Novos sistemas de seguridade e control dos accesos á Casa Consistorial
O Goberno Local dinamiza o proxecto "Vigo medio natural"
Xesus López afirma que "MoveVigo Magosto 2009" potencia a cultura "feita por e para os vigueses e viguesas"
O tenente de alcalde presenta o primeiro dicionario plurilingüe de galego destinado aos turistas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003