Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 08 de novembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello insta á Xunta a incrementar en 5 millóns de euros o orzamento do Consorcio do Casco Vello

Co fin de poder acelerar o seu labor de rehabilitación, considera Abel Caballero que o organismo precisa unha recapitalización dun mínimo de cinco millóns de euros.


O alcalde explicou que o Consello de Administración do Consorcio do Casco Vello de Vigo aprobou na sesión deste xoves os expedientes de compra dun edificio situado no número 21 do Berbés así como os proxectos e o inicio dos expedientes de contratación doutros dous edificios en Berbés 41 e Abeleira Menéndez 16.

Reiterou o rexedor olívico que a cooperación do Concello co Consorcio "é total e absoluta" e apuntou a necesidade de que incremente o seu orzamento porque "non se pode ir a esta velocidade para rehabilitar o Casco Vello" e, por tanto, demanda que os Presupostos da Xunta de Galicia para 2019 recollan unha "recapitalización do Consorcio dun mínimo de 5 millóns de euros", engadindo que o Concello achegará a parte que lle corresponda.
Mais noticias
O Concello eleva o orzamento aos 2 millóns para cubrir a demanda de axudas de comedor escolar
O goberno de Vigo eleva a cen as becas para alumnado da Escola de Idiomas
O goberno municipal investiu case 2 millóns nas cubertas de sete patios de centros escolares da cidade
A Policía Local colaborará na rede nacional de atención ao medio ambiente da Fiscalía
A fin da prealerta por seca permitirá recuperar os baldeos na cidade cando deixe de chover
O rexedor anima á cidade a colaborar na gran recollida do Banco de Alimentos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003