Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 13 de novembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello incorporará especies autóctonas frondosas no novo mapa forestal da cidade

Segundo informou o alcalde, o goberno local xa iniciou a elaboración do novo mapa forestal de Vigo, o deseño da "interacción" entre os montes e a zona urbana para os próximos cen anos. O Concello prevé a plantación de especies autóctonas frondosas, cunha maior resistencia ao lume, que actúen como barreira natural.


O alcalde informou hoxe luns do encargo ao concelleiro de Parques e Xardíns para a elaboración do novo mapa forestal da cidade, un documento que recollerá a "interacción" entre os montes e a zona urbana viguesa para o próximo século e para o que se está a redactar co apoio de técnicos forestais, investigadores, centros forestais e a Mancomunidade de Montes.

Avanzou Caballero que o goberno vigués prevé plantar especies autóctonas frondosas -cunha maior resistencia ao lume- no cinto verde da cidade e que actúen como barreira natural, no caso dunha nova vaga de lumes como a rexistrada hai poucas semanas. O mapa requirirá, engadiu o alcalde, "trazalo, plantalo e mantelo durante polo menos trinta anos ata que sexa eficaz, e iso vai custar diñeiro".

Este mesmo luns tivo lugar unha reunión entre o Concello e Montes de Vigo para analizar os danos e avaliar as futuras actuacións ante a vaga de lumes. Nesta cita, subliñou Caballero, tratouse a elaboración deste futuro mapa forestal da cidade.

O alcalde recordou que a pasada semana participou nunha reunión con decenas de veciños afectados e que o Concello ten aberta unha oficina de atención cidadá na que informar e asesorar dos trámites para optar as axudas dispoñibles nas distintas administracións públicas.

Por último, Abel Caballero quixo recoñecer explicitamente ao Goberno de España que recoñecera á cidade como zona afectada gravemente por emerxencia de protección civil. Así, o Estado tomou en conta o petición proposta polo propio alcalde de Vigo nunha carta enviada ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, onde lle pedía esta declaración.
Mais noticias
O goberno local ultima a primeira das tres novas pistas de skate que fará na cidade
O alcalde anuncia o desbloqueo dunha parte "importantísma" do urbanismo coa aplicación da Lei 2/2017
O Concello mellora 10 quilómetros de vías municipais por máis de 900.000 euros
25 persoas desempregadas formaranse en programación JAVA grazas ao Concello e Telefónica


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003