Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 21 de abril de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno vigués apoia a creación de empresas na cidade con achegas a fondo perdido

Abel Caballero explicou este venres que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases e convocatoria do programa de axudas municipais á creación de empresas constituidas entre abril de 2016 e marzo deste ano. Na edición anterior, 27 compañías beneficiáronse deste programa.

O goberno vigués aprobou as bases e a convocatoria da edición deste ano do programa de axudas municipais á creación de empresas. O Concello dispón de 65.000 euros para apoiar ás compañías constituidas en Vigo entre o 1 de abril de 2016 e o 31 de marzo do presente ano, asegurou Caballero.

O goberno local require da beneficiaria que sexa unha empresa viguesa de nova creación e xenere emprego. Na edición do pasado ano, apuntou Caballero, se beneficiaron un total de 27 empresas.

Humanizacións
A Xunta de Goberno Local tamén validou a clasificación de ofertas dunha nova fase da humanización da rúa Bueu, por importe de 628.000 euros. Caballero recordou que neste vial xa se investiu máis de 300.000 euros nas canalizacións de servizos soterrados, co que o total ascende a case o millón de euros. A humanización incluirá un parque biosaudable.

Ademais, o goberno vigués aprobou o proxecto de obras para a humanización da rúa Canceleiro, no tramo entre Rosalía de Castro e García Barbón. Informou Abel Caballero que o importe desta nova remodelación ascende a 219.000 euros con tres meses de prazo de execución.


Outros acordos
O alcalde tamén deu conta doutros asuntos validados pola Xunta de Goberno Local, entre os que destacou a aprobación do convenio coa Fundación Menela, segundo o cal o Concello achega 8.000 euros á entidade para desenvolver un programa de respiro familiar, con estancias de ata catro días na súa sede.

Por outra banda, o goberno de Vigo adxudicou a contratación das obras de reforma do campo de fútbol de Carballal. Caballero indicou que o investimento ascende a 534.000 euros para, nun prazo de dez semanas desde o inicio das obras, instalar herba sintética, con drenaxe, sistema de rego e iluminación. As melloras tamén inclúen a consolidación dun talud existente para gañar en seguridade.

Mais noticias
O Concello inviste 360.000 euros en dous parques de skate en Barreiro e Navia
Caballero transmite "o orgullo da cidade" pola botadura da plataforma mariña Magallanes Renovables
O goberno de Vigo probará a resistencia ao vento da cuberta de Balaídos a próxima semana en Madrid
O alcalde recibe a estudantes estadounidenses de intercambio en Vigo
Servizo de Participación Cidadá
CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL
Servizo de Participación Cidadá
CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL
Medidas de tráfico por obras
Medidas de tráfico por obras
MEDIDAS DE TRÁFICO POR OBRAS


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003