Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 16 de febreiro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde transmitirá ao Consello Social a "repulsa absoluta" a que Vigo quede sen AVE

Caballero considera "inadmisible e intolerable" a posición do Goberno de España e da Xunta de Galicia de deixar a Vigo fóra da alta velocidade, sen a variante de Cercedo. Así vai trasladarllo ás forzas vivas da cidade, sen descartar novas accións.


O alcalde anunciou que reunirá ao Consello Social da cidade o vindeiro mércores 1 de marzo ás 18:00 da tarde para propoñerlles a "nosa repulsa absoluta" ao posicionamento do Goberno de España e da Xunta de Galicia de deixar a Vigo fóra da alta velocidade e a demanda concreta de que "se ten que facer inmediatamente a declaración de impacto ambiental da variante de Cerdedo, que está gardada nun caixón".

Caballero apuntou que Vigo non "quedará calado" ante unha decisión que considera "inadmisible e intolerable", logo de que o Secretario de Estado de Infraestruturas manifestase nas últimas horas en Galicia que a viaxe en alta velocidade desde Vigo a Madrid se faría por Santiago e falara de tres horas de duración das rutas Coruña-Madrid e Vigo Madrid, "sen mencionar nin unha soa vez" a variante de Cerdedo nin o AVE Vigo-Ourense directo por Cerdedo, "dicindo o que quere o Ministerio: que Vigo quede sen AVE".

Así, Caballero transmitiralle ás forzas vivas viguesas que a cidade non está "disposta" a quedar sen tren de alta velocidade directo a Madrid, que non imos ir por Santiago". Logo desta reunión, "tomarei máis medidas" para demandar o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo e garantir que o traxecto Vigo-Madrid se poderá realizar en "pouco máis de dúas horas e media".
Mais noticias
O Concello activa unha nova liña de transporte urbano directa ao Álvaro Cunqueiro
Caballero eloxia FranquiAtlántico como salón de "referencia" do noroeste peninsular
Caballero aposta pola acción sindical defensa dos dereitos dos traballadores
O rexedor dálle a benvida á cidade ao Shakhtar Donetsk


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003