Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 14 de xuño de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde anuncia a reapertura dos mercadiños para a primeira semana de xullo

O de Bouzas abrirá o 3 de xullo e o da Bouza, en Coia, tres días despois, segundo anunciou Caballero hoxe martes. O rexedor explicou que xa está aberto o prazo para que os vendedores soliciten no Concello unha autorización provisional para traballar, seguindo o procedemento legal establecido.


Tal e como avanzara onte, o alcalde de Vigo informou hoxe martes das datas de reapertura dos mercadiños de Bouzas e da Bouza, en Coia, toda vez que xa se dan as condicións necesarias de seguridade para o seu funcionamento. O mercadiño de Bouzas retomarase o domingo 3 de xullo e o da Bouza o seguinte mércores, o 6 de xullo.

O goberno de Vigo, explicou Caballero, segue para a reapertura o procedemento legal, que pasa inicialmente pola apertura do prazo -xa aberto- para que os interesados soliciten unha autorización provisional. En segundo lugar, unha vez avaliadas as solicitudes e constatando que se cumpren os requisitos da normativa de venda ambulante, concederanse permisos temporais ata conseguir o definitivo.

O alcalde afirmou que a autorización definitiva require dun prazo máis longo e a prioridade municipal é abrir os mercadiños o antes posible, polo que o goberno de Vigo optou pola concesión de permisos con carácter provisional.
Mais noticias
Vigo amosa a súa "consternación" e "repulsa total" polos atentados homófobos de Orlando
Caballero insta a Fomento a solicitar a aplicación da Lei do Solo para garantir a construción da estación de tren
O rexedor pon en valor o "crecemento excepcional" do aeroporto de Vigo
Mostrarte exhibe as creacións de doce acuarelistas vigueses
Caballero anima á participación na Carreira de San Xoán, o día 23, que combina "atletas de calidade e vida saudable"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003