Escoitar

O rexedor pon en valor o "crecemento excepcional" do aeroporto de Vigo

No mes de maio a terminal viguesa experimentou un 54,1% de crecemento respecto ao mesmo mes do ano 2015 superando, nestes momentos, os 350.000 pasaxeiros nos datos acumulados dende xaneiro. Os datos positivos son, para Abel Caballero, un reflexo dos resultados das accións de promoción turística do Concello. <br />

martes, 14 xuñ 2016
O aeroporto de Peinador creceu no mes de maio un 54,1% respecto ao mesmo mes de 2015, superando os 350.000 pasaxeiros nestes primeiros cinco meses de 2016. Abel Caballero valorou positivamente as cifras sinalando que a terminal "segue a súa marcha de crecemento excepcional cara taxas nunca vistas en Vigo e en España".

Os datos da actividade no aeroporto no mes de maio reflicten unha evolución á alza da actividade con doce meses en crecemento continuo e de forma ininterrompida dende xuño do ano pasado amosando, para o rexedor, "o que xa sabíamos; que cando o aeroporto vigués saca voos, os cidadáns cóllenos e Vigo está encantado de voar" desde a súa terminal, poñendo en valor as accións de promoción turística do Concello que están dando resultados.

Así mesmo, Caballero criticou as axudas concedidas pola Xunta de Galicia ao aeroporto de Santiago e as que lle outorgou no pasado á Coruña, así como as do Goberno Portugués ao Sá Carneiro de Oporto por ser "competencia desleal".